Este é un proxecto libre que mostra información en tempo real sobre o bus da Coruña. Os datos se descargan dende o seu servidor e se xeran algúns arquivos que conteñen as paradas, as liñas, unha relación destas e un arquivo cos datos para o mapa, que se actualizan periódicamente. O servidor tamén renderiza as páxinas coa información dinámica, como os buses para unha parada, e hospeda una API que os clientes utilizan para conseguir os últimos datos.
Todo está feito en python, utilizando a librería Flask, unha librería para a linguaxe de programación Python. O backend é sinxelo, xa que solo ten as funcións que se mencionan enriba. O máis complicado son as plantillas utilizadas para renderizar a páxina, xa que está dispoñible en tres idiomas e as plantillas deben de funcionar para todos eles, así como os scripts do frontend, xa que utilizar javascript non é algo ao que esté acostumado.
Despois a aplicación se mete nun contedor de Docker utilizando gunicorn, xa que isto me permite instalar e actualizar fácilmente a aplicación no servidor simplemente executando un script que se inclúe no repositorio.
O código está publicado neste repositorio GitHub baixo a licencia AGPL-v3, que está feita específicamente para software de servidor, de modo que calqueira pode modificar e executar o programa, sempre e cando os usuarios sigan tendo acceso ao código fonte da versión modificada que está a utilizar.